28 julio 2006

Televisión e radios taurinos

Segundo lemos en Galicia Hoxe, Antena 3 emitirá unha corrida de touros dende Pontevedra o próximo 6 de agosto. A asociación Ecologistas en acción denuncia que esta emisión, xunto coas que normalmente hai en TVE e en Canal+, incumplen o Código de Autorregulamento sobre Contidos Televisivos e Infancia "que considera como non aptos aqueles programas que inclúan presenza de violencia verbal ou física, presentación de violencia inxustificada ou gratuíta, e escenas ou imaxes susceptibles de provocar angustia ou medo", características presentes nas corridas.

Pódese mandar un correo electrónica ós responsables dos canales de televisión a través desta páxina.

Ademais, nesta páxina de Ecologistas en acción, denuncian que as emisoras de radio do grupo PRISA (Cadena Ser, Los40, M80 e Cadena Dial), Kiss FM e a radio pública madrileña Onda Madrid censuraron a cuña antitaurina da asociación ecoloxista, que se pode descargar na nosa páxina web. Estas emisoras negáronse a emitir a cuña como publicidade pagada pola asociación. É así unha falta contra a liberdade de expresión. Por outro lado, Onda Cero e Punto Radio, entre outras, accederon a emitir a cuña.