23 agosto 2007

Os membros do colectivo Noia-antitaurina queremos agradecer á actual Corporación Municipal a valente decisión de non programar corridas de touros para estas festas, rachando así coa salvaxe tradición de maltrato animal que se viña desenvolvendo dúas veces por ano nesta vila. Temos a seguridade de que tal medida é amplamente apoiada por boa parte dos veciños e veciñas, que veñen amosando a súa boa acollida ás nosas anteriores campañas e ás levadas a cabo por outros colectivos locais. Desexamos que non sexa esta unha decisión temporal senón definitiva e animamos aos membros do Goberno a que continúen nesta liña que marca, sen dúbida, o progreso da nosa vila.

29 mayo 2007

Campaña antitaurina

Dende noiaantitaurina sumámonos a esta iniciativa de protesta e animámosvos a participar, así como a dar unha volta pola páxina.

Debate na Gaceta Universitaria

25 abril 2007

O movemento antitaurino en Noia chega da man de máis organizacións. Xunto con noiaantitaurina loita contra este espectáculo Galiza Nova. Premede aquí para ler o seu interesante folleto.

22 abril 2007

A polémica de Jairo Miguel

Jairo Miguel non virá a torear a Noia este mércores. O motivo é que está moi grave nun hospital. Sufreu unha collida moi grave mentres toreaba en México. Estivo a punto de morrer:
"un toro le embistió a toda velocidad, clavándole uno de los cuernos en el tórax y arrastrándole varios metros. 'Estuvo rozando la aorta y unos dos centímetros del corazón', declaró el doctor Luis Romero(...) El cuerno del animal partió en dos el pulmón de Miguel. Los médicos creen que pueden restaurar casi por completo la función del pulmón"
Jairo Miguel só ten 14 anos. Estaba toreando en México porque en España é ilegal (como publicábamos o ano pasado nesta páxina). Bueno, parece ser que en España, salvo en Noia, porque aquí Jairo Miguel leva toreando dende 2003 (ano no que o PP entrou na alcaldía), sen faltar un sólo ano, dende que só tiña 10 anos.
"El defensor del menor, Arturo Canalda, pone el grito en el cielo. 'Estoy horrorizado. Me parece una barbaridad poner a un niño de 14 años delante de un animal que pesa 400 o 500 kilos. En España, el legislador fijó en 16 la edad mínima para poder torear y lo hizo teniendo en cuenta muchos parámetros: la corpulencia física, la madurez personal... pero incluso por sentido común. Que un padre busque una manera de escurrirse de la ley, se lleve a su hijo a torear a México y lo exponga a semejante riesgo me parece una irresponsabilidad. Hay que cambiar costumbres'."
Pero esta non foi a única vez que tivo unha collida:
"Jairo Miguel tenía entonces 12 años. A esa edad encajó su primera cornada. Su padre recordaba ayer orgulloso el percance: 'Fue el 15 de enero del año pasado. El toro le enganchó y le partió la muñeca. Mi hijo siguió toreando y se llevó el rabo. Luego se pasó dos meses sin poder torear'."
É unha vergonza que isto suceda. É unha vergonza que isto suceda en Noia. A ninguén lle preocupa un rapaz de 14 anos?

Os extractos que aparecen nesta entrada están sacados de El Pais (17 de marzo e 19 de marzo). Tamén A Voz recolle a noticia.

PD: Jairo Miguel estase recuperando, afortunadamente. Os touros morreron todos, desgraciadamente.

26 agosto 2006

JAIRO MIGUEL: EL "ÍDOLO" DE NOIA

Tiña só oito anos cando saíu pola porta grande da praza de touros de Aliseda (Cáceres) despois de matar ao seu primeiro touro. Seu pai, Antonio Sánchez Cáceres, veu nel un bo negocio. Jairo Miguel Sánchez Alonso cobra unha media de 4.800 euros por novillada, e participa en arredor de 40 corridas ao ano, o que supón 190.000 euros de ingresos. Está obrigado a aprender a mal chamada arte do toreo na finca que a familia ten en Malpartida, a sete quilómetros de Cáceres. Inocente e inmaduro, non é consciente do que fai, e é probable que se convirta nun adulto violento, agresivo e machista. Agora ten 13 anos, mide 1,72 de estatura, pesa 52 quilos (os novillos aos que asasina pesan oito veces máis ca el) e é famoso en México, Colombia, Francia ou Portugal. Vítima de explotación infantil, cursa 1º de ESO a cabalo entre o Colexio Internacional San Jorge, en Malpartida e un programa especial de educación a distancia para cando está no extranxeiro. Súa nai, Celia Alonso, sufre e chora ás agachadas. Intentou meterlle medo para que deixara o toreo, pero a palabra do seu autoritario e tradicionalista marido ten máis peso. Este señor, que tamén foi torero, agasallou a Jairo Miguel, seu fillo, polo seu terceiro cumpreanos nada máis e nada menos que con un … capote! A onde ía un bebé de tres anos cun capote! Nunha entrevista a Crónica (suplemento do diario El Mundo), Antonio recoñeceu que seu fillo «No quería ver dibujos animados y con cuatro años, veía corridas y apartaba la mesa del salón para torear con el capote o me subía encima del sillón para hacer de picador» Unha escena patética e triste, que un pai maleduque ao seu fillo deste xeito tan brutal e fanático. «En el ruedo siento responsabilidad, mucha responsabilidad, por hacerlo bien frente a un público que me juzga», explica Jairo Miguel na mesma entrevista. Responsabilidade para facelo ben fronte a un público que o xulga, e tamén fronte ao seu pai, apoderado e mestre, quen tivo que pagar no ano 2001 multas por valor de 6.000 euros xa que seu fillo ten prohibido torear en España. Éste é o motivo polo que Jairo ten que torturar e asasinar touros noutros países onde non está tipificado como delito. A Ley 10/1991 que regula os espectáculos taurinos non menciona a idade do matador, aínda que esixe que esté inscrito no Rexistro Xeral de Profesionais Taurinos para o cal hai que tener máis de 16 años. Jairo aínda ten 13 anos, polo tanto torea na clandestinidade: é un delincuente. Un neno manipulado e ao que se prohíbe vivir unha vida normal. Está encerrado no mundo dos taurófilos, desequilibrados que se afanan en manter con vida unha tradición asquerosa que está, queiran ou non admitilo, condenada a morrer. Aínda así, o Concello de Noia segue a ser cómplice dun acto ilegal, subvencionando festivais taurinos con diñeiro público. Só unha escasísima minoría da xente de Noia vai aos touros. É unha festa que ano tras ano vai perdendo máis e máis adeptos, e que ten próximo o momento da súa irreversible desaparición.


O correo fala da campaña antitaurina

A edición de onte de El Correo Gallego falaba da corrida de touros deste xoves. Dicía que a plaza rexistrou case un cheo, ó contrario do que dicía La Voz de Galicia. Tamén dicía que foi un boa corrida, dato que tamén contradi co da Voz.

Pero deixando estes detalles aparte, o que nos chamou a atención de El Correo Gallego é que mencionaran ós colectivos antitaurinos precisamente por termos levantado pouco a voz desta vez. Cun pouco de autocrítica podemos admitir que isto é certo. Pero lonxe de desanimar, que se nos bote de menos cando facemos menos ruído empúxanos a preparar mellor as próximas campañas.

M. Manteiga (redactor de El Correo Gallego), non te preocupes que seguiremos aquí.

Artigo completo do Correo aquí.

23 agosto 2006

POR UNHA NOIA ANTITAURINA

En Noia, é non se sabe debido a qué, sobrevive coma un fósil podre e rancio unha inxustificada e absurda “tradición” taurina. Un costume que non garda ningún tipo de relación coa cultura galega e o modo de ser dos galegos e galegas de hoxe. Probablemente a festa nacional fora unha medida efectiva para combati-lo aburrimento da clase burguesa española de finais do XIX e comezos do XX. Unha sociedade machista sen apenas valores morais, culturais ou sociais, que actuaba tan só movida, ao igual que o mundo de hoxe, polo interese económico e o capitalismo, nunhas circunstancias favorábeis grazas á Revolución Industrial.
Son moitas as pallasadas que se escoitan arredor da “festa nacional”. Bobadas como que o touro de lidia sería unha raza extinguida hoxe en día se non se celebraran festivais taurinos. Para empezar, o touro de lidia non ten uns caracteres morfolóxicos propios transmitibles xenéticamente, polo tanto non pode ser clasificado como unha raza, senón que constitue unha poboación bovina heteroxénea pertencente a diversas pseudorrazas de Bos Taurus, coa característica frecuente de manifestaren unha agresividade instintiva cando son provocados ou acosados. Esta agresividade, á que chaman “bravura”, non se perpetua de xeración en xeración, senón que a maioría dos touros carecen dela, segundo denuncian os propios afeccionados. Nin sequera o propio Regulamento de Espectáculos taurinos os describe, limitándose a prohibir que se lidien reses que non estén inscritas no Rexistro de Empresas Gandeiras de Reses de Lidia. Pero se hai xente inorante que di que o touro sobrevive grazas a que a súa morte é un espectáculo, sacrifiquemos tamén nas prazas aos linces ibéricos, ao osos panda e a todas esas especies polas que numerosas asociacións ecoloxistas loitan para salvaren da extinción. Unha gran idea.
O macabro “espetáculo” conta cun número de alabadores importante, pero hai unha porcentaxe moito maís alta de detractores (segundo datos de enquisas como a realizada por Gallup no 2002 que desvela que preto do 70 por cento está en contra ou non mostra interese algún) Aínda así a festa sobrevive apoiada polos concellos, os gobernos centrais e incluso pola Unión Europea a través de axudas económicas.
Pero que ocorre cando se fala na prensa, por exemplo, de pelexas clandestinas de cans de presa? A reacción é de alarmismo total. Unha reacción moi distinta á que teñen respecto ao tema dos touros: pasividade absoluta.
A evidenciada e descarada complicidade política salta á vista. Impacta o feito de que Tratados como o de Kioto ou de Río, en teoría beneficiosos para a defensa do Meio Ambiente, continúen permitindo no mundo de hoxe que se torturen touros. De tódolos xeitos, aínda que o Protocolo de Kioto prohibira as corridas de touros celebraríanse igual, porque estes tratados non van máis alá de ser simples papelorios inútiles coa firma de catro políticos.
Hai demasiado interese económico na festa nacional como para que sexa considerada delito. Ao fin e ao cabo, todos somos fantoches nas mans desa forza cruel que nos move e á que chamamos capitalismo, responsábel de que no mundo viva xente moi rica, e malviva xente extremadamente pobre, de que haxa incendios, fame, guerras ou cambio climático, entre moitas outras desgrazas. Desgrazas que deixan ao mundo indefenso fronte a ese cancro cruel e inmoral que o vai deborando pouco a pouco.
Tanto permitindo como apoíando espetáculos tan degradantes, obsoletos, retrógradas e anticuados o único que conseguiremos será manter a unha sociedade anacrónica, intolerante, agresiva e violenta. Lograremos xestar actitudes machistas e de menosprezo cara a natureza e o meioambiente.
Sen dúbida algunha, a celebración de festivais taurinos non enriquece nin cultural nin moralmente aos membros dunha comunidade, polo tanto non existe motivo para manter con vida a esta tradición vergonzante, estandarte do máis puro sentimento españolista e memoria viva dunha España anacrónica.




O alcalde na voz

Da edición de hoxe de A Voz de Galicia, destacamos o seguinte fragmento dunha entrevista co alcalde de Noia:

-De todas cuantas atracciones componen la programación, ¿cuáles destacaría? -El festival taurino es uno de los platos fuertes, con el regreso a Noia del niño Jairo Miguel, que viene de triunfar en México, al que acompañarán Eliseo Gallardo y Julio Tapia

Ademais, Pérez Insúa di que "lo que intentamos siempre es combinar cultura, ocio, deporte y música". O que nós nos preguntamos agora é a que categoría se adscribe a corrida de touros: música está claro que non; deporte ou cultura tampouco poden ser considerados; ¿ocio?, ¿pode ser considerado matar a 5 touros ocio?

Por outro lado, o alcalde di "tratamos de ofrecer un programa plural", cando a inclusión dos touros e unha contradicción porque 7 de cada 10 españois están en contra dos touros.

A entrevista completa aquí.

03 agosto 2006

Festas San Bartolomeu 2006

Atopado hoxe en http://www.avoz.com/ed_barbanza/noticia.jsp?CAT=121&TEXTO=4992897
"Pérez Insua confirmó, a su vez, que habrá novillada, en la plaza que se instalará en San Lázaro, aunque está pendiente de concretar si se llevará a cabo el 24 o el 27."