26 agosto 2006

JAIRO MIGUEL: EL "ÍDOLO" DE NOIA

Tiña só oito anos cando saíu pola porta grande da praza de touros de Aliseda (Cáceres) despois de matar ao seu primeiro touro. Seu pai, Antonio Sánchez Cáceres, veu nel un bo negocio. Jairo Miguel Sánchez Alonso cobra unha media de 4.800 euros por novillada, e participa en arredor de 40 corridas ao ano, o que supón 190.000 euros de ingresos. Está obrigado a aprender a mal chamada arte do toreo na finca que a familia ten en Malpartida, a sete quilómetros de Cáceres. Inocente e inmaduro, non é consciente do que fai, e é probable que se convirta nun adulto violento, agresivo e machista. Agora ten 13 anos, mide 1,72 de estatura, pesa 52 quilos (os novillos aos que asasina pesan oito veces máis ca el) e é famoso en México, Colombia, Francia ou Portugal. Vítima de explotación infantil, cursa 1º de ESO a cabalo entre o Colexio Internacional San Jorge, en Malpartida e un programa especial de educación a distancia para cando está no extranxeiro. Súa nai, Celia Alonso, sufre e chora ás agachadas. Intentou meterlle medo para que deixara o toreo, pero a palabra do seu autoritario e tradicionalista marido ten máis peso. Este señor, que tamén foi torero, agasallou a Jairo Miguel, seu fillo, polo seu terceiro cumpreanos nada máis e nada menos que con un … capote! A onde ía un bebé de tres anos cun capote! Nunha entrevista a Crónica (suplemento do diario El Mundo), Antonio recoñeceu que seu fillo «No quería ver dibujos animados y con cuatro años, veía corridas y apartaba la mesa del salón para torear con el capote o me subía encima del sillón para hacer de picador» Unha escena patética e triste, que un pai maleduque ao seu fillo deste xeito tan brutal e fanático. «En el ruedo siento responsabilidad, mucha responsabilidad, por hacerlo bien frente a un público que me juzga», explica Jairo Miguel na mesma entrevista. Responsabilidade para facelo ben fronte a un público que o xulga, e tamén fronte ao seu pai, apoderado e mestre, quen tivo que pagar no ano 2001 multas por valor de 6.000 euros xa que seu fillo ten prohibido torear en España. Éste é o motivo polo que Jairo ten que torturar e asasinar touros noutros países onde non está tipificado como delito. A Ley 10/1991 que regula os espectáculos taurinos non menciona a idade do matador, aínda que esixe que esté inscrito no Rexistro Xeral de Profesionais Taurinos para o cal hai que tener máis de 16 años. Jairo aínda ten 13 anos, polo tanto torea na clandestinidade: é un delincuente. Un neno manipulado e ao que se prohíbe vivir unha vida normal. Está encerrado no mundo dos taurófilos, desequilibrados que se afanan en manter con vida unha tradición asquerosa que está, queiran ou non admitilo, condenada a morrer. Aínda así, o Concello de Noia segue a ser cómplice dun acto ilegal, subvencionando festivais taurinos con diñeiro público. Só unha escasísima minoría da xente de Noia vai aos touros. É unha festa que ano tras ano vai perdendo máis e máis adeptos, e que ten próximo o momento da súa irreversible desaparición.


2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Se é certo, que non me extrañaría, que Jairo Miguel non pode torear... Vaia escándalo!

18:49  
Anonymous Anónimo said...

Parabéns por este espaço crítico em galego; que sinceiramente nom há moitos, e menos de temática anti-taurina.
Já digo, avante com a construcçom social e cultural de Galiza mantendo bem lonxe a tortura taurina!

17:01  

Publicar un comentario

<< Home