23 agosto 2007

Os membros do colectivo Noia-antitaurina queremos agradecer á actual Corporación Municipal a valente decisión de non programar corridas de touros para estas festas, rachando así coa salvaxe tradición de maltrato animal que se viña desenvolvendo dúas veces por ano nesta vila. Temos a seguridade de que tal medida é amplamente apoiada por boa parte dos veciños e veciñas, que veñen amosando a súa boa acollida ás nosas anteriores campañas e ás levadas a cabo por outros colectivos locais. Desexamos que non sexa esta unha decisión temporal senón definitiva e animamos aos membros do Goberno a que continúen nesta liña que marca, sen dúbida, o progreso da nosa vila.