09 abril 2006

Caos durante as festas de San Marcos

Segundo recolle na súa edición de hoxe La Voz de Galicia, tivéronse que improvisar medidas para intentar evitar que a vila de Noia se convirta nun caos durante as festas de San Marcos deste ano.

As obras do que viñeron a chamar boulevard do Ferrador obligou ó goberno local a trasladar do seu habitual emplazamento varios actos das festas noiesas. Como o tráfico se desvía pola rúa Pedro Sartaña (rúa da estación de buses), as atraccións e tómbolas que se sitúan nos arredores tivéronse que cambiar á explanada do paseo marítimo próxima ás pistas de tenis.

Agora, como as atraccións están nesa explanada, o matadoiro ambulante (ou praza de touros para os entendidos) levarase para o lado do campo de fútbol de San Lázaro. Así, e apretándose un pouco para coller, compartirán sitio coa feira cabalar.

Que pasa coa exposición de maquinaria agrícola? na rúa República Arxentina (rúa que vai dende a rotonda de San Lázaro ata a Casa do Mar). Para o acceso ó centro de saúde deixarase un carril de emerxencia. ¿Queda algo? Si, uns cantos coches de rali; pois para o que non o saiba, o Rali Ría de Noia celébrase este ano coincidindo coas festas de cheo. Colocaranse en San Lázaro, se atopan algún sitio por alí.

E agora, onde aparcarán os coches dos visitantes que queiran achegarse á vila? Un interrogante ó que non respondeu Pepe Pérez (concellal de festexos).

Ferrador cortado + Todo cambiado de sitio + Coches de Rali por aí + Aparcamentos ocupados por atraccións ou matadoiros + San Lázaro patas arriba + Previsible saturación da rúa da Alameda = CAOS

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20060531084445

18:03  

Publicar un comentario

<< Home